Alfonso Polanco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carlos Alfonso Polanco Rebolleda 29 de decembro de 1967 (56 anos) Palencia, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Palencia |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Alfonso Polanco Rebolleda, nado en Palencia o 29 de decembro de 1967, é un político español do Partido Popular, alcalde de Palencia desde xuño de 2011.[1]
É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, especializándose como técnico de auditoria e contabilidade do Ministerio de Facenda e traballando como funcionario do Estado. Ocupou diversos cargos técnicos dentro da Xunta de Castela e León.[2]
Alcalde de Palencia
[editar | editar a fonte]En 2011 Alfonso Polanco presentouse como candidato polo Partido Popular á alcaldía de Palencia despois de varios anos sendo un dos concelleiros na oposición. A lista que encabezaba conseguiu a maioría absoluta no consistorio con 21.335 votos e 14 concelleiros, desprazando da alcaldía a Heliodoro Gallego (PSOE) despois de 16 anos non consecutivos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El PP gobernará con mayoría absoluta en siete capitales y el PSOE en dos, si bien en Segovia con apoyo de IU". El Norte de Castilla. 10 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 28 de maio de 2013.
- ↑ Páxina persoal de Alfonso Polanco (ed.). "Curriculum". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 28 de maio de 2013.
- ↑ "Alfonso Polanco, nuevo alcalde". Diario Palentino. 23 de maio de 2011. Consultado o 28 de maio de 2013.